XANECO-Obradoiro de instrumentos musicais

thumb_up 1815 likes
rate_review 15 Reviews
favorite 141 favorites
Abeladoira, 1. San Fiz de Paz. Outeiro de Rei
27153 Lugo, Spain
phone
Click to show phone
Request for information

XANECO-Obradoiro de instrumentos musicais Company Information

General information

Entro en contacto coa música tradicional galega nos anos oitenta, na Asociación cultural de Outeiro de Rei. É aquí onde comezo a aprendizaxe como percusionista de xeito autodidacta.

Dende entón xa non me puiden apartar do universo da Música Tradicional .

O que comezou sendo unha afición apaixoante, foise convertendo pouco a pouco e case sen me dar conta na miña vida profesional.

O meu Pai aprendeume o oficio de carpinteiro-ebanista dende rapaz, o que me posibilitou coñecer as técnicas e manexo de ferramentas para traballar a madeira.

Esto facilitóume moito as cousas cando decidín facer o meu primeiro tambor nos anos 90 do pasado século, movido pola curiosidade e o reto de ser capaz de facer o meu proprio instrumento.

O feito de coñecer a algún artesán de instrumentos na miña xuventude, posibelmente contribuiu a ver este oficio como unha alternativa profesional.

Seguín coa afición estudando tambores vellos e antigos, lendo libros e tratados sobre a percusión, para tratar de entender cales son as variables que influen no resultado final dun instrumento, mais tamén continuando a facer instrumentos, coa intención de aportar unha mellora, tanto estética como acústica, á percusión Galega.

Cando me quixen dar conta , xa tiña unha listaxe de encomendas que me fixo plantexarme a posibilidade de que podía adicarme profesionalmente ao oficio de luthier.

É así como no ano 1996 comezo a miña actividade comercial, ao mesmo tempo que continúo formándome na construcción de outros instrumentos como a zanfona.

No ano 1995 entro en contacto coa zanfona, facendo un curso de iniciación para aprender a tocala, que organizou á Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, e que impartiu Laurent Tixier, a partir desa data comecei a recoller información arredor do instrumento, a través de bibliografía, artigos, conversas…….

Despois tiven a oportunidade de facer un cursiño no Obradoiro da Deputación de Lugo, pero sen dúbida o que máis me axudou a facer a primeira zanfona foi a colaboración desinteresada que me prestou o Luthier Xermán Arias, de Sarria, que se prestou a que fixera a miña primeira zanfona no seu obradoiro, indicándome os pasos que el seguía para facelas e aprendéndome as técnicas de lutheria que el aplica para a súa construcción.

Mais adiante coñecín a Jesús Reolid, e tiven a oportunidade de asistir a unhas xornadas de fin de semana, en Ávila onde este impartíu e compartíu os seus coñecementos na construción de zanfonas, con varios artesáns que fomos alí dende Galiza.

Xa van aló unhos cantos anos facendo instrumentos, sempre evolucionando e incorporando novas técnicas e materiais, co mesmo obxectivo, que os instrumentos musicais que empregamos na nosa música tradicional acaden o mais alto nivel de elaboración, conquerindo así a mesma consideración que calquer outro instrumento clásico.

A constante labor de estudo e investigación dos instrumentos antigos, a formación en técnicas de luthería, xunto co permanente contacto cos músicos e músicas no noso País, permítenme estar continuamente mellorando o produto.

Neste ano de 2014 tiven a fortuna de gañar o prestixioso premio de Artesanía de Galicia, ANTÓN FRAGUAS, na súa X edición, organizado pola Deputación d’A Coruña, coa obra “Carneifona”.

Sigo tan apaixoado como cando comecei sendo un rapaz, por un oficio que non só me permite viver facendo virutas(que diría meu Pai), senón que tamén podo contribuir dalgún xeito, nunha actividade tan relacionada coa cultura tradicional, á normalización da Cultura Galega na nosa sociedade actual, facendo posíbel que sobreviva nestes tempos tan aniquiladores da nosa realidade cultural.

Abeladoira, 1. San Fiz de Paz. Outeiro de Rei Lugo

Opening hours
Monday:
09:00 - 20:30
Tuesday:
09:00 - 20:30
Wednesday:
09:00 - 20:30
Thursday:
09:00 - 20:30
Friday:
09:00 - 20:30
Phone number
+34696431657
Linki
Social Accounts
Keywords
musical instrument store, drum store

XANECO-Obradoiro de instrumentos musicais Reviews & Ratings

How do you rate this company?

Are you the owner of this company? If so, do not lose the opportunity to update your company's profile, add products, offers and higher position in search engines.

A similiar page for your business? Make sure everyone can find you and your offer. Create your dedicated company page on Yellow Pages Network - it's simply and easy!
Add your company